Igrexa

Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño

O Saviñao · Lugo

Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño

A igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño é un templo relixioso de estilo románico situado na parroquia de Santo Estevo de Ribas de Miño, no concello do Saviñao. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931. == Situación == O templo está situado á beira do río Miño, pouco máis abaixo do encoro de Belesar, dentro da Ribeira Sacra. Dado o escarpado da zona, para salvar os niveis fíxose a ábsida escavando na rocha, mentres que a fachada se construíu sobre unha cripta. == Historia == A primeira noticia fidedigna do mosteiro é bastante tardía, dado que non se dispón documentación anterior ao século XIII. O moesteiro de san Esteuvo de Riba de Mino está documentado no ano 1460 no Cartulario de Pombeiro. Porén, Ángel del Castillo sinala que foi doado no 976 ao mosteiro de San Paio de Diomondi, así como que na primeira metade do século XII figuraba como propiedade da Igrexa de Lugo. Hoxe non fican restos das antigas dependencias monásticas. == Arquitectura == O templo, duns 25 metros de lonxitude, ten unha sola nave, orientada cara ao leste, con muros de cachotaría de granito e cuberta a dúas augas. === Fachada principal === Na fachada occidental ten unha porta central abucinada en arco de medio punto con catro arquivoltas, entre dous arcos de descarga en forma de portas cegas que harmonizan a fachada, con tornachoivas de puntas de diamante e xambas aboceladas. A arquivolta interior forma unha especie de primitivo Pórtico da Gloria santiagués con sete figuras sentadas radialmente sobre unha moldura tórica: o personaxe central ten un disco solar, e outro deles leva un crecente lunar; hai dous músicos, un cunha e outro cunha arpa; outro leva unha redoma, e hai dous que non levan nada. A segunda ten dúas mediacanas con escocia rechea de cuñas. A terceira ten un dobre trenzado e a cuarta unha mediacana anelada con talos e unha flor. A parte exterior do conxunto, apoiado en catro pares de columnas acodilladas con fustes marmóreos. Os capiteis teñen motivos vexetais e animais, con dragóns mordendo as súas colas e harpías. O tímpano, que no seu día estivo seguramente decorado, é actualmente liso e sostense sobre dúas ménsulas rematadas en figuras agachadas, á esquerda un home e á dereita un monstro: posibelmente un santo e un demo. Tamén sobresaen os capiteis, destacando os correspondentes á arquivolta interior, cun complexo entrelazado de animais antropomórficos e volutas. Os restantes capiteis, tamén moi traballados, son aproximadamente corintias, a base de motivos florais. A parte superior da fachada, por riba do tornachoivas, presenta un rosetón de vidro de varias cores e unha imaxe de Xesucristo no medio, cunha complicada trazaría calada dodecágona, enmarcada por unha serie de bólas aliñadas sobre unha moldura convexa abucinada. Flanquean o rosetón, nos extremos laterais da fachada, dúas esveltas troneiras que iluminar as escaleiras de caracol interiores aos muros, que se comunican entre si sobre o interior da portada; no seu día deberon dar acceso a ambas as torres ou espadanas. Coroa o vértice da fachada unha sinxela cruz de pedra. === Presbiterio e ábsida === Tralo presbiterio cuadrangular está a ábsida semicircular, que descansa sobre dous arcobotantes. Ten catro columnas e tres ventanais, coa cornixa formada por pequenos arcos sobre ménsulas. O presbiterio ten aos dous lados uns ollos orlados de pequenos arcos co tímpano perforado para deixar entrar a luz. No lado sur do presbiterio hai unha sancristía, á que se accede desde o interior por unha credencia reconvertida en porta. O presbiterio ten bóveda de medio canón, e as fileiras teñen continuidade coas da ábsida, se ben á construción inicial lle foi engadida unha bóveda de crucería. === Exterior === Os muros laterais descargan sobre catro arcos que fan de contraforte, baixo ventanais articulados mediante arquivolta, chambrana e columniñas. No terceiro corpo do muro sur hai outra entrada lateral, baixo unha destas arcadas, cunha arquivolta e tímpano liso. Unha faixa lombarda percorre o beirado con adornos de cabezas humanas e animais. O campanario-espadana está fóra do templo, xunto ao lado sur da ábsida. === Interior ===…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar