Dolmen

Forno dos Mouros

Paradela · Toques · A Coruña

Forno dos Mouros, dolmen en Toques

Foto: Jorge Lama · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Forno dos Mouros é un dolmen de hai uns 5000 anos. Está situado no lugar da Muruxosa (Paradela, Toques), na serra do Bocelo, preto do Camiño Real.

Accións

Foi escavado por Jacobo Vaquero, da Universidade de Santiago de Compostela, entre 1987 e 1989. Ten cámara poligonal composta de sete ortóstatos e corredor de dous tramos. No interior apareceron restos de pintura vermella e negra sobre unha base branca, en forma de zig-zags . No verán de 2009 un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estivo a traballar na consolidación do dolmen quitando as vigas de ferro que sostiñan a lousa do teito. Ó mesmo tempo, un equipo da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dirixido por Fernando Carrera, documentou as pinturas e dirixiu o seu tapado. O principal propósito da intervención conxunta era a mellora das condicións de conservación do monumento, especialmente para garantir a preservación futura das pinturas.

Galería de imaxes

Outros artigos

Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Prehistórica

Que é Túmulo funerario (mámoa)

Tamén chamado Capilla do Vieiro

Protección Elemento da Lista Vermella do Patrimonio

No catálogo GA27020076

Altitude do punto ≈ 712 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Melide, a 10,9 km

No concello viven 1.061 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar