Santuario
Santuario de Santa Columba das Pías
Codesoso · Sobrado · A Coruña
Foto: Cossue · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O santuario de Santa Columba das Pías é un santuario situado na parroquia de Codesoso pertencente ó concello de Sobrado.
Descrición
A igrexa, dunha soa nave con muros de cantaría e cachotería con tellado de tella, áchase no medio dunha carballeira centenaria. No seu interior contén un retablo de madeira policromada creado por Tomás de Fachal e Pedro Otero, escultores de Santiago de Compostela. Acaroada ó santuario hai unha pequena capela de 1710 consagrada a Santa Columba que contén unha imaxe da mesma en pedra. Na súa festa, en Pentecoste, reúnense miles de persoas que se achegan a renderlle culto e gozar da celebración. Neste mesmo lugar atópase a fonte das Pías, con sona de ter propiedades milagreiras e empregada tradicionalmente para remediar as dores de cabeza, de pés, da gorxa, da vista e para afeccións cutáneas. É posíbel que a fonte fose antigamente venerada como lugar de nacemento do río Mandeo.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a Comba de Sens
Tamén chamado Capela das Pías
Altitude do punto ≈ 665 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Melide, a 13,9 km
Camiño de Santiago Camino Primitivo, a 479 m
No concello viven 1.822 (2025) · IGE
Para ir
Enderezo As Pías, Codesoso, Sobrado
Chegar en bus
- Altopasoa 852 mCEIP Virxe do Portal-O Marco das Pías · CEIP Virxe do Portal-O Marco das Pías
- MANDEOa 983 mCEIP Virxe do Portal-O Marco das Pías · CEIP Virxe do Portal-O Marco das Pías
- O Marco das Píasa 1,1 kmCEIP Virxe do Portal-O Marco das Pías · CEIP Virxe do Portal-O Marco das Pías
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.