Castelo
Fortaleza de Castro de Amarante
Santo Estevo do Castro de Amarante · Antas de Ulla · Lugo
Foto: Lansbricae · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A Fortaleza de Castro de Amarante ou Pazo de Amarante é unha fortaleza medieval situada no lugar de Amarante (Santo Estevo do Castro de Amarante, Antas de Ulla). Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior..
Historia
O recinto foi construído no século XIII pola familia Noguerol, condes de Amarante, sobre un antigo poboado castrexo. Foi derrubado e reconstruído en varias ocasións. Foi casa patrucial dos Noguerol, algúns de cuxos membros marcharon a Castela para formar parte de ordes militares en que tiveron encomendas. Así, frei Afonso Gutérres Noguerol foi comendador do convento de Belvís (da orde de Calatrava) e do de Magdalena de Salamanca (da orde de Alcántara) durante o reinado de Henrique II de Castela (1369-1379). En 1387 frei Xil Rodríguez de Noguerol foi comendador de Caravaca, da orde de Santiago. Os membros da Casa de Amarante eran soterrados no mosteiro de Vilar de Donas. Sufriu os ataques da Gran Guerra Irmandiña, e foi reconstruído por Roi Fernández Noguerol. En 1486 foi asediado, e despois mandouno derrubar o gobernador Fernando de Acuña.
Arquitectura
Caracterízase por ser de arquitectura ruda, destacan as solainas situadas nas esquinas do edificio, con balaústres graníticos. Da construción orixinal consérvase a estrutura de planta oval, posiblemente a torre da homenaxe ou un reduto central. A ela accédese a través dunha porta oxival posiblemente do século XIV ou XV. Cara ao sur tiña un torreón, hoxe xa desaparecido, e polo leste conserva un corpo rectangular, posiblemente do século XV, con balcóns sobre ménsulas escalonadas nas esquinas -posibles restos dun matacán-. En febreiro de 2013 a muralla sufriu desprendementos por mor da choiva.
Lendas
Corre a lenda de que os donos do castelo mandaron escavar un pasadizo desde a cociña ata o cume do monte Farelo (entre Amarante e Agolada), por se algún día tiñan que liscar de algún ataque. Os donos morreron e o castelo foi abandonado, enchéndose de silvas. Pero un veciño quixo comprobar a lenda e foi un día ata alí, descubriu a boca do pasadizo e soltou dentro un capón. E cóntase que ó cabo duns días, o capón apareceu no alto do monte Farelo.
Outros artigos
Castelos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Fortaleza
Tamén chamado Pazo de Amarante
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 545 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Antas de Ulla, a 3,4 km
No concello viven 1.823 (2025) · IGE
Para ir
Enderezo Amarante, Santo Estevo do Castro de Amarante
Chegar en bus
- Castroa 870 mLugo-Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Lugo-Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo (rúa Areal) · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo (rúa Areal) · Monterroso-Pontevedra
- O Castro de Amarante IIa 933 mMonterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I. · Monterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I.
- O Castro de Amarante IIa 934 mMonterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.