Monte e serra

Monte Farelo

Ventosa · Agolada · Pontevedra · 954 m

Monte Farelo, monte e serra en Agolada

Foto: Iago Casabiell González · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O monte Farelo é o cumio da serra do Farelo, con 951 m de altura. A súa cara suroeste pertence ás parroquias de Ventosa e As Trabancas, no concello de Agolada, mentres que a cara do nordés pertence á parroquia de San Martiño de Amarante, no concello de Antas de Ulla.

Historia

Antigamente chamábase monte Sumio (tamén Summeo ou Summo). O topónimo Farelo é un diminutivo de Faro, en relación co monte Faro, de maior altitude.

Tradición oral

Existen numerosos ditos que fan referencia á inminencia da chuvia cando o Farelo se cobre de nubes: Pon o pucho o Farelo, auga prós eidos. Carapucho no Farelo, auga no pelo ou cando ten pucho o Farelo, auga no pelo. Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira. Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo. Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores qu'anden con xeito. Néboa no Farelo, millor á noite que á mañán cedo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Montaña

Altitude 954 m

Vila máis próxima Agolada, a 5,5 km

No concello viven 2.225 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar