Hórreo
Hórreo de Carnota
Santa Comba de Carnota · Carnota · A Coruña
Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O hórreo de Carnota é unha construción para gardar alimentos situada na parroquia de Santa Comba de Carnota (Carnota).
Descrición
O hórreo sitúase a carón da igrexa de Santa Comba de Carnota, á cal estivo vencellado. Construíuse en 1768 con 11 pares de pés, e en 1783 engadíronselle outros 11. Adscríbese ao denominado hórreo tipo Noia, construído en granito. Mide 34,76 x 1,9 m. De planta rectangular, presenta cámara cerrada con filas horizontais que deixan entre elas rañuras para a ventilación. Nun dos lados ten tres portas e está rematado con pináculos de estilo barroco e unha cruz sentada sobre unha bóla. Está protexido polo Decreto 449/1973 de protección de hórreos e cabazos.
Galería de imaxes
Outros artigos
Hórreo de Lira Hórreo galego
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Hórreo galego
Tellado A dúas augas · sobre pés
Paredes Pedra
Altitude do punto ≈ 13 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Carnota, a 232 m
No concello viven 3.777 (2025) · IGE
Segundo Catastro
Chegar en bus
- Carnotaa 116 mSantiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra · Santiago-Camiño Novo-O Freixo-Muros-Cee-Fisterra · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra · Santiago-Noia-Muros-Cee-Fisterra · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee
- Carnotaa 117 mIES LAMAS DE CASTELO-A GÁNDARA · IES LAMAS DE CASTELO-A GÁNDARA
- CEIP DE CARNOTAa 274 mCARNOTA-PORTOCUBELO · CARNOTA-A GÁNDARA · CEIP de Carnota-As Estañeiras · CARNOTA-PORTOCUBELO · CARNOTA-A GÁNDARA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.