Igrexa

Igrexa de San Mamede de Carnota

San Mamede de Carnota · Carnota · A Coruña

Igrexa de San Mamede de Carnota, igrexa en Carnota

Foto: Adrián Estévez (gl:User:Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Mamede de Carnota é o templo parroquial de San Mamede, no concello de Carnota.

Arquitectura

De estilo neoclásico, ten planta de cruz latina. Construíuse seguindo os planos do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro no ano 1755. No seu interior conserva interesantes retablos dos mestres composteláns Francisco Nogueira e Pablo de Rosende, pero destaca sobre todo o labrado polos escultores noieses Xosé Ferreiro e Xosé Gambino. A entrada atópase rodeada de lápidas que, seguindo o costume popular, están orientadas cara ao altar. Preto da igrexa está o hórreo de Carnota, un dos máis longos de Galicia.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Mamede de Capadocia

Altitude do punto ≈ 69 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Carnota, a 3,5 km

No concello viven 3.777 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar