Igrexa

Igrexa da Vera Cruz do Carballiño

O Carballiño · Ourense · 1957

Igrexa da Vera Cruz do Carballiño, igrexa en O Carballiño

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa da Vera Cruz (coñecida localmente como a "igrexa nova") é un templo católico que se atopa no concello do Carballiño. É unha das últimas obras inacabadas do arquitecto galego Antonio Palacios, finalizada en 1957.

Historia

A construción do edificio foi financiada polos veciños, especialmente pola influencia do párroco Luciano Evaristo Vaamonde da Cortiña. As obras comezaron o 25 de xuño de 1943 e tardaron catorce anos en completarse. A morte de Antonio Palacios, o arquitecto xefe, atrasou a súa finalización. É difícil de clasificar en termos de estilo; aínda que se trata dun edificio contemporáneo, predominan a decoracións e elementos medievais; polo que se podería situar no estilo historicista. Está baixo a advocación de San Cibrao. Aínda que a torre está inacabada, a igrexa foi inaugurada o 17 de setembro de 1952. As obras remataron en 1957.

Características

A torre ten 52 metros de altura e está pechada porque o seu acceso non é seguro. A igrexa ten unha superficie de 1080 m².

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Ben de Interese Cultural · Monumento

Autoría Antonio Palacios Ramilo

Leva o nome de Vera Cruz

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 407 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Carballiño, a 284 m

Camiño de Santiago Camiño Natural dos Arrieiros, a 1,8 km

No concello viven 14.238 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar