Lago, lagoa e encoro
Puzo do Lago
O Lago · Maside · Ourense
Foto: PBA96 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O Puzo do Lago é unha lagoa situada na parroquia do Lago, no concello de Maside. Está declarado espazo natural de interese local.
Espazo
O lago está rodeado por unha gran vexetación principalmente piñeiros, carballos e castiñeiros. Entre a fauna que poboa o espazo hai anfibios como ras e aves como garzas e patos. A carón do lago hai un campo de golf e unha pista de terra na que se celebran carreiras de cabalos e partidos de horseball
Lenda
Eladio Rodríguez González recolleu a seguinte lenda. No camiño a Belén, a Virxe María pasou pola parroquia do Lago. Levaba dous días de camiño e descansando aos poucos sen un anaco de comida que levar a boca, cando chegou de madrugada a unha pequena aldea. Con moito esforzo, a pobre muller petou na porta da primeira casa do lugar. Cando o dono saíu, a pobre da Virxe pediu a aquel home un pouco de pan ou algo que levar a boca, e un pouco de colleito, por caridade, pero este díxolle que no lle daba nada e que fose preguntar a outro veciño. Foi de casa en casa preguntando, pero ninguén quixo axudala, nin sequera o párroco, co cal se cruzara na rúa de camiño a súa igrexa. Saíndo da aldea topou un forno no que traballaban tres humildes mulleres, e decidiu entrar e ver ser elas a axudaban. As panadeiras consternadas co que a pobre Virxe lle contara sobre o que sucedera na vila decidiron prepararlle unha bóla para que puidera comer algo. Ao meter a primeira, esta medrou moitísimo como se fose un milagre de Deus. Entón as tres mulleres decidiron facer máis probas con outras bólas, e todas saían enormes. Ó final optaron por ser avaras e non darlle ningunha bola á pobre Virxe. Cando esta deixaba o lugar xa sen forzas e véndose morrer, apareceu unha nena, a cal vendo a pobre muller tan desvalida decidiu darlle un pouco da comida que tiña. A Virxe preguntoulle á neniña quen era e a nena contoulle que era orfa e que se adicaba a coidar o gando da xente do pobo para poder sobrevivir. Ante a avaricia mostrada polo pobo, preguntoulle á nena o nome daquel lugar. A nena respondeulle que se chamaba O Lago. Entón a Virxe díxolle: "Atenta neniña: “Se eres Lago te asolajo con el de arriba para abajo”". E como por arte de maxia aquel pobo comezou a inundarse ata quedar completamente inundado ata hoxe. Dise que nas noites de San Xoán, se un se acerca ao lago pode ouvir as campás da igrexa daquela parroquia.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Lagoa artificial
Altitude do punto ≈ 393 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Maside, a 1,2 km
No concello viven 2.762 (2025) · IGE
Chegar en bus
- O Lagoa 950 mO Carballiño (auditorio)-Cenlle-O Carballiño (auditorio) · O Carballiño (auditorio)-Cenlle-O Carballiño (auditorio)
- Masidea 1,1 kmOurense E.I.-Pontevedra E.A. · Ourense E.I.-Pontevedra E.A.
- Masidea 1,1 kmListanco (marquesiña)-CPI Terras de Maside · CPI Terras de Maside-A Casanova (Pitelos) · Vilanfesta (cruzamento)-Carballiño IES Nº1 · Vilanfesta (cruzamento)-Carballiño IES Nº1 · Cea (parque infantil)-Carballiño IES Nº1 · Cea (parque infantil)-Carballiño IES Nº1
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Festa do polbo do CarballiñoFesta gastronómica
Estación do CarballiñoEstación de tren e apeadoiro
Estación da Friela - MasideEstación de tren e apeadoiro
Estadio de EspiñedoEstadio
Igrexa da Vera Cruz do CarballiñoIgrexaIgrexa de San Tomé de Maside o NovoIgrexa
- Serra do CandoMonte e serra
Balneario das Caldas de PartoviaBalneario