Igrexa
Igrexa de San Bieito de Fefiñáns
Cambados · Pontevedra
Foto: Iago Pillado · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
A igrexa de San Bieito é un templo católico localizado na praza de Fefiñáns, Cambados, a carón do Pazo de Fefiñáns.
Características
O edificio actual foi edificado entre o 1618 e o 1634 sobre as ruínas dunha capela románica, por instancia de Gonzalo de Valladares (1583-1659), primeiro vizconde de Fefiñáns. Posúe dúas torres de estilo churrigueresco levantadas a finais do século XVIII. No lateral, de cara á praza, existía unha escalinata actualmente suprimida, se ben a Consellería de Vivenda anunciou un plan para reconstruíla, co ánimo de que a praza recuperase o seu aspecto orixinal . No seu interior atópanse os sepulcros de Gonzalo de Valladares e a súa muller.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a Bieito de Nursia
Altitude do punto ≈ 9 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Cambados, a 589 m
Camiño de Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 2,6 km
No concello viven 13.863 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Fefiñáns (residencia)a 71 mIES Francisco Asorey-Oubiña (escolas unitarias) · IES Francisco Asorey-Barrantes (peluquería Estonllo) · IES Francisco Asorey-Oubiña (escolas unitarias)
- Avda. do Salnés (cruzamento IES Ramon Cabanillas)a 238 mIES Francisco Asorey-Oubiña (escolas unitarias)
- Avda. do Salnés (cruzamento IES Ramon Cabanillas)a 238 mIES Francisco Asorey-Barrantes (peluquería Estonllo) · IES Francisco Asorey-Oubiña (escolas unitarias)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
