Pazo

Pazo de Fefiñáns

Cambados · Pontevedra

Pazo de Fefiñáns, pazo en Cambados

Foto: Diego Delso · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Fefiñáns é unha construción civil situada no barrio de Fefiñáns, en Cambados, na comarca do Salnés. Pecha polo sur e o leste a praza máis destacada desta vila, a praza de Fefiñáns. De aire clásico, integra un harmonioso conxunto coa súa arcada, torre da homenaxe e a veciña igrexa de San Bieito, ó norte.

Historia

O nome provén do xenitivo dun posuidor xermánico, Fefilianis, de onde deriva tamén o nome da praza. Foi construído no século XVI por Juan Sarmiento Valladares, conselleiro de Filipe II. Sufriu novos engadidos no século XVII, encargados polo primeiro vizconde de Fefiñáns, Gonzalo Valladares (1583-1659), que obtivo o Vizcondado no 1647. Sucedeuno Fernando (1616-1675), que a principios do século encargou a construción principal do Pazo. Máis tarde pasou á propiedade dos marqueses de Figueroa, caso de Benito Pardo de Figueroa. Na fachada do poderoso edificio pódense ver os escudos das familias nobiliarias. No verán do 2008 procedeuse a unha limpeza e recuperación integral do edificio, tras un acordo coa Consellería de Vivenda, que incluía a apertura ao público do pazo . En xuño de 2011, a Xunta de Galicia iniciou os trámites para declarar ao pazo Ben de Interese Cultural, dez anos despois de que o conxunto histórico de Cambados entrara nesa categoría. O proceso rematou en agosto de 2012, coa declaración do pazo como ben protexido.

Adega

Dende o 1904 está documentada a existencia da súa adega, con marca rexistrada no 1928, e que a día de hoxe comercializa viño albariño baixo a marca Palacio de Fefiñanes.

Estilo

O pazo conxuga elementos barrocos con outros italianos post-renacentistas.

Galería de imaxes

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Pazo

Paredes Pedra

Altitude do punto ≈ 9 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Cambados, a 503 m

Camiño de Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 2,7 km

No concello viven 13.863 (2025) · IGE

Segundo PNOA catastro

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar