Igrexa

Igrexa de San Nicolao da Coruña

A Coruña

Igrexa de San Nicolao da Coruña, igrexa en A Coruña

Foto: Piquito · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Nicolao é un templo relixioso de estilo barroco situado na Coruña. É unha das parroquias históricas da cidade da Coruña, con Santa María, Santiago e San Xurxo.

Descrición

O edificio ten planta de cruz latina e unha soa nave abovedada. A cada lado da nave hai seis capelas, a maioría funerarias. No interior destacan o presbiterio e as complexas decoracións barrocas. Dúas portas con balcóns permiten o acceso a outras áreas como a sancristía. A fachada clasicista, de dous corpos, está rematada por dúas torres-campanario. No adro existe un cruceiro.

Historia

O templo anterior, do que só se conserva a capela do Cristo, cunha inscrición de 1632 foi destruído no asedio de 1589. A partir desa data e especialmente dende 1688 tivo que ser consolidado e reformado. A heteroxeneidade e antigüidade do edificio existente fixo necesaria a reconstrución, contra 1740, dun novo templo de estilo barroco. A fachada orixinal, posiblemente de estilo híbrido, foi substituída en 1861 pola actual, proxectada por Faustino Domínguez Domínguez. Na capela das Dores está enterrada a fundadora do Hospital da Caridade, Teresa Herrera.

Outros artigos

Arciprestado de Faro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Arquitectura barroca

Dedicado a Nicolao de Mira

Autoría Faustino Domínguez Domínguez

Andares 5

Altitude do punto ≈ 23 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 226 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 43 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Rúa San Nicolás 18

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar