Igrexa

Igrexa de San Pedro de Angoares

Angoares · Ponteareas · Pontevedra

Igrexa de San Pedro de Angoares, igrexa en Ponteareas

Foto: [https://www.flickr.com/people/17364971@N00 José Antonio Gil Martínez] from Vigo · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Pedro de Angoares é a igrexa parroquial de Angoares, no concello de Ponteareas. É un templo románico.

Descrición

Ten a súa orixe nun mosteiro probablemente visigodo. No século XII construíuse a igrexa románica como un edificio de planta de cruz latina e testeiro recto. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita en 1900. A actual, de estilo neogótico, carece de valor arquitectónico. É destacable a colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos (coma cuadrúpedes, cabezas de bóvidos e outros animais). Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a cabeza, como se estivesen meditando. No muro norte da ábsida consérvase unha banda prerrománica e unha lousa con decoración de lacería que se conserva na sancristía.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Pedro

Altitude do punto ≈ 47 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ponteareas, a 935 m

No concello viven 23.206 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar