Ponte histórica

Ponte dos Remedios

Ponteareas · Pontevedra

Ponte dos Remedios

A ponte dos Remedios ou ponte de San Roque é unha ponte de época baixo medieval sobre o río Tea situada par da vila de Ponteareas. Deu o nome á vila de Ponteareas. == Localización == Atópase na parroquia de San Miguel de Ponteareas, xusto á beira da vila. Grazas á ponte cruzábase o río Tea para entrar na vila dende o lado oeste. Outra ponte substitúe o tránsito rodado dende hai anos. Nun dos extremos da ponte atópase unha pequena capela dedicada a San Roque. A zona atópase hoxe axeitada como zona de lecer e baño polo concello malia ter unha contorna bastante degradada paisaxisticamente por mor á construción dalgunhas naves industriais, unha gran sala de festas e polo propio crecemento da vila. Moi preto, a uns dous quilómetros río arriba atopamos a praia fluvial da Freixa. == Descrición == A ponte Vella de Ponteareas é de fábrica de cachotaría de granito ben conformada. Ten unha orixe romana, porén a ponte actual é de clara conformación medieval, como se pode constatar grazas aos abondosos sinais lapidarios que atopamos no perpiaño. Ten catro arcos, tres ovais, con dous grandes tallamares contracorrente, que indican que a ponte foi erguida arredor dos séculos XIII ou XV posibelmente sobre os alicerces romanos. O camiño da ponte leva á unha pequena ermida en honra a San Roque, cuxa festividade é no mes de agosto. == Historia == É unha das catro grandes pontes antigas do Tea. Historicamente formaba parte do antigo camiño real que unía Tui e despois Vigo con Ourense e Castela. A zona estivera habitada dende hai séculos, mostra disto témolo na abundancia de castros coma os de Troña ou o de Lira. Os romanos aproveitaron o vao areento existente para a construción dunha primeira ponte. Ademais, preto de Ponteareas existía unha importante vila romana na parroquia actual de Angoares. Pénsase que por aquí pasou, logo, unha vía romana, quizais a XIX, do itinerario de Antonino Pío, que comunicaba a capital da antiga Gallaecia: Bracara Augusta (actual Braga) coa importante cidade galaica de Asturica Augusta (actual Astorga). A ponte foi posibelmente destruída nalgunha enchente polo que se volveu construír sobre os fundamentos romanos arredor do século XIII. Tras varias restauracións chegou coa mesma estrutura aos nosos días. Construíuse unha variante augas arriba, tamén de granito e dun só arco, para a estrada entre Vigo e Ourense, actual N-120. == Lendas == Coma outras pontes galegas (mesmo a achegada ponte das Partidas), áchase relacionada coa lenda do bautismo anticipado, no que unha muller que non pode ter fillos, acudirá á media noite e pediralle ao primeiro camiñante de lle dicir unhas verbas rituais e verter auga do río no seu ventre cunha cunca atada cunha corda coma se fose un bautizo prenatal, mentres esta bota unha moedas no río. Despois do bautizo a muller debe convidar o home a un xantar feito por ela na mesma ponte. Ao rematar o xantar, cómpre tirar todos o restos, incluso os garfos, culleres etc, no río. Unha vez nado o meniño, este home ten que apadriñalo. == Estado de conservación == O estado de conservación da ponte é bo. O tránsito de vehículos non está permitido dende hai anos, polo que é facilitada a súa conservación estrutural. Tamén se mantén o chan orixinal de lousas de granito. En 2011 o concello de Ponteareas, cun convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, fai unha limpeza da ponte, para protexer e conservar a estrutura. Aínda se conserva parte dunha antiga calzada. É unha das catro antigas pontes do Tea, xunto coa ponte de Cernadela, a ponte das Partidas e mais a ponte de Fillaboa. A contorna da ponte está algo afectada por mor das edificacións que se teñen feito durante o século XX, en parte a causa do gran crecemento da vila. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Bautismo anticipado Ponte das Partidas Ponte de Fillaboa Ponte de Cernadela

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar