Igrexa

Igrexa de San Salvador de Padróns

Ponteareas · Pontevedra

Igrexa de San Salvador de Padróns

A igrexa de San Salvador de Padróns é a igrexa parroquial de Padróns no concello de Ponteareas.

Descrición

Da edificación antiga só se conservan algunhas seteiras nos muros sur e norte da ábsida e a fachada occidental cunha monumental portada do século XIII. A portada occidental é de gardapós axadrezado con tres amplas arquivoltas apuntadas, as dúas exteriores de finas mediacanas e a inferior de dúas filas de floróns. O tímpano é liso e o lintel en que se apoia é soportado por mochetas con esculturas de anxos. Ten tres pares de columnas de fuste esvelto e monolítico con capiteis de finas follas terminadas en volutas.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar