Igrexa

Igrexa de San Xián de Bastavales

Bastavales · Brión · A Coruña · 1768

Igrexa de San Xián de Bastavales, igrexa en Brión

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Xián de Bastavales é un templo católico que se atopa no lugar de Soigrexa da parroquia de Bastavales do concello de Brión.

Historia

A igrexa foi construía en 1768 no lugar ocupado por unha anterior que databa do período románico. É obra dos mestres canteiros Xoán Antonio Nogueira, Tomás del Río e Manuel Varela, e a posíbel intervención do arquitecto Lucas Ferro Caaveiro.

Características arquitectónicas

Consta dunha única nave con planta de cruz latina e cuberta con bóveda de canón. En 1827 ergueuse un campanario de catro corpos superpostos, cuxas campás resoan nun famoso poema de Rosalía de Castro (Cantares gallegos, 1863): O adro é de 1828 e o resto do conxunto (fonte, cruceiros, escalinata e capela do Carmo), de entre 1864 e 1932. Os retablos do interior proceden de diferentes talleres escultóricos: o retablo maior é de Xosé Ferreiro e os laterais de Gregorio Arias Mariño baixo deseño de Miguel Ferro Caaveiro e Melchor Prado.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Arquitectura barroca

Dedicado a Xián o Hospitaleiro

Altitude do punto ≈ 111 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Bertamiráns, a 4,2 km

No concello viven 8.190 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar