Pazo

Pazo do Faramello

Ribasar · Rois · A Coruña

Pazo do Faramello, pazo en Rois

Foto: Iago Pillado · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O pazo do Faramello é un pazo barroco (século XVIII) situado na parroquia de Ribasar no concello de Rois, moi preto do Camiño portugués de Santiago e a 12 quilómetros de Padrón e Santiago de Compostela. Conta cun eido de 12,6 hectáreas onde salientan os xardíns franceses deseñados no século XIX. Está arrodeado por unha carballeira de gran biodiversidade e do lendario castro da Raíña Lupa. Emprégase actualmente como lugar de celebracións, xuntanzas, vodas etc. O seu actual propietario, Gonzalo Rivero de Aguilar, vive no pazo e acostuma servir de guía aos visitantes.

Historia e arquitectura

Trátase dun edificio de estilo barroco civil compostelán con influencias italianas que delatan a orixe xenovesa do seu fundador, o Marqués de Piombino. Construíuse para servir de vivenda familiar e ergueito nuns socalcos sobre o canón do río Sar a comezos do século XVIII de estilo barroco compostelán civil. É o último pazo do Camiño Portugués a Compostela. O edificio principal supera os 2100 m² e a súa orixe é industrial, xa que se fundou a partir da Real Fábrica de Papel do Faramello, 1710, pioneira e abandeirada da industria galega por máis de dous séculos. Nas súas cabalarizas albergouse o arsenal contra as tropas francesas nas revoltas do 2 de xuño de 1808. O pazo foi ademais residencia de verán do rei Afonso XIII e do Infante Lois de Baviera nas súas viaxes a Galiza, polo que tamén se coñece co nome local de Balmoral do Sar. A Presidencia da Xunta de Galicia solicitouno en varias ocasións para dar o discurso de Nadal do Presidente Manuel Fraga Iribarne. A capela das Neves data do ano 1727 e acolle un retablo de madeira realizado polo mestre Xosé Gambino, nado no pazo, e un dos escultores barrocos principais da catedral de Santiago de Compostela. No pazo hai dous cruceiros, un no xardín e outro a carón da capela

O pazo e a literatura

Varios autores galegos víronse fascinados polo pazo. Emilia Pardo Bazán dixo: Hai moitos pazos, mais Faramello é único; Rosalía de Castro confesou que a beleza do Faramello conxeláralle a alma; Cela dixo que o pazo é o segredo mellor gardado do Camiño que din do Apóstolo. É ademais unha das contornas principais da novela de Alejandro Pérez Lugín La casa de la Troya, de 1915.

Xardíns

O eido mide unhas 12,6 hectáreas; nel aparecen os xardíns franceses deseñados no século XIX. Ademais posúe regueiros con fervenzas, arboredos e unha carballeira de gran biodiversidade con especies salientábeis como lontras, grúas e garzas. Disque nunha poza vive unha ninfa que por veces sae da auga para contemplar a paisaxe deitada nun penedo (típica lenda galega de mouras).

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Arquitectura barroca

Tamén chamado Pazo de Rivero

Altitude do punto ≈ 67 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Milladoiro, a 5,6 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 93 m

No concello viven 4.355 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar