Igrexa

Igrexa de San Xurxo de Sacos

San Xurxo de Sacos · Cerdedo Cotobade · Pontevedra

Igrexa de San Xurxo de Sacos, igrexa en Cerdedo Cotobade

Foto: Adrián Estévez (User:Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Xurxo de Sacos é a igrexa parroquial de San Xurxo de Sacos, parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.

Historia e características

Ten planta de cruz latina. Os teitos son de madeira a dúas augas. Ten arcos torais e o triunfal de medio punto sobre pilastras. A cada lado do presbiterio hai unha sancristía con portas de aceso acodadas con tribunas baixo arco semicircular sobre elas. Están máis baixas e contan con teitos a tres augas. Nunha delas hai dúas inscricións: 1823 e 1689. A nave ten tres tramos con arcos faixóns semicirculares sobre pilastras, coro ós pés, de pedra e sobre grande arco de medio punto. A porta de entrada é de arco adintelado e acodada. Sobre ela hai unha fiestra de igual derectriz. A fachada está enmarcada por pilastras que rematan en pináculo. Remata con volutas estilizadas e no centro ten un campanario con decoración de placas formado por dous corpos con pilastras caixeadas que encadran os vans. Cruceiro destacado só en planta, porta lateral e fiestras acodadas.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Xurxo de Capadocia

Altitude do punto ≈ 246 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Pontevedra, a 13,5 km

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar