Petróglifo
Portela da Laxe
Viascón · Cerdedo Cotobade · Pontevedra
Foto: User Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A Portela da Laxe é unha estación de gravados rupestres conformada por seis grupos. Catro deles foron destruídos no último cuarto do século XX como consecuencia das obras de ampliación da estrada N-541 que une Pontevedra e Ourense. Sitúase no lugar da Atalaia, parroquia de Viascón, Cerdedo Cotobade. Son coñecidas desde antigo e xa foron recollidas no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae de Ramón Sobrino Buhigas no ano 1935.
Descrición
Salienta a laxe horizontal (Grupo I, un penedo situado a rentes do chan e que se prolonga en dirección noroeste - sueste. Presenta motivos de moi diversa tipoloxía: combinacións circulares, círculos sinxelos, coviñas, cadrados, esvásticas, soliformes, paletas etc. O Grupo II componse dunha combinación circular. Os outros catro grupos desaparecidos presentaban diversas combinacións circulares, círculos simples, coviñas e figuras cruciformes.
Outros artigos
Petróglifo Petróglifos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Petróglifo
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 250 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Pontevedra, a 10,4 km
Chegar en bus
- Viascóna 497 mLugo-Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Ourense E.I.-Pontevedra E.A. · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo (rúa Areal) · Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo · Monterroso-Pontevedra · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo
- Viascóna 549 mLugo-Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Ourense E.I.-Pontevedra E.A. · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo (rúa Areal) · Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Monterroso-Pontevedra
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.