Igrexa

Igrexa de Santo André de Proente

Proente · A Merca · Ourense

Igrexa de Santo André de Proente, igrexa en A Merca

Foto: Pablo Sánchez-Núñez · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de Santo André de Proente é o templo parroquial de Proente (A Merca), dedicado ao apóstolo André.

Características

O edificio actual é resultado de diferentes fases construtivas ao longo de varios séculos. A parte máis antiga conservada corresponde á capela maior, cuxa edificación se remonta aos séculos XVI e XVII. A capela está cuberta cunha bóveda estrelada, cuxos nervios descansan sobre ménsulas decoradas con relevos de rostros humanos. A nave principal, do século XVIII, ten cuberta de madeira. Na fachada hai unha inscrición relativa á ampliación da nave, co texto «Esta obra hizo Francisco Araujo y Blanco, año 1789». No interior hai un retablo maior xa mencionado no século XVIII.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a André apóstolo

Altitude do punto ≈ 492 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Allariz, a 7,7 km

No concello viven 1.976 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar