Castro

Castro de Monte Castrelo

San Mamede de Urrós · Allariz · Ourense

Aínda non hai foto de Castro de Monte Castrelo

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.22140|-7.86266}}

O castro de Monte Castrelo, tamén chamado Cima de Vila, é un castro situado entre a parroquia de San Vitoiro da Mezquita e San Mamede de Urrós, no concello ourensán de Allariz, e a de Proente, no concello tamén ourensán da Merca.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado situado sobre un outeiro a 655 metros sobre o nivel do mar. Na aba que mira ó concello da Merca obsérvanse tres liñas de murallas con cadanseus socalcos, pero non así na vertente que se asoma ó concello de Allariz.

Arqueoloxía

Durante prospeccións arqueolóxicas atopáronse restos de cerámica con desengraxantes de seixo pertencentes a bordos e corpos. Apareceron tamén anacos de cerámica medieval, que foron depositados no Museo Arqueolóxico de Ourense.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 644 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Allariz, a 6,1 km

No concello viven 6.505 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar