Igrexa

Igrexa de Santo Estevo de Cumiar

Cumiar · Ponteareas · Pontevedra

Igrexa de Santo Estevo de Cumiar, igrexa en Ponteareas

Foto: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de Santo Estevo de Cumiar é a igrexa parroquial de Cumiar ao leste do concello de Ponteareas, xunto a Mondariz. É un templo románico. Por unha inscrición sábese que a igrexa se edificou orixinalmente no século XII.

Descrición

Este templo está moi reformado, pero aínda que conserva a portada occidental e o arco triunfal refeito. A portada occidental ten dúas arquivoltas apuntadas planas e de aresta viva que apoian sobre columnas de capiteis vexetais sinxelos. Nesta portada hai unha inscrición que data a igrexa no ano 1184, aínda que é probable que se trate dunha primeira fase pois moitos dos elementos da igrexa parecen máis tardíos. O arco triunfal é semicircular, pero moi irregular, probablemente por algunha reconstrución. Apoia en columnas entregas con capiteis moi deteriorados. No muro existe unha talla dun gran león moi esquemático coas catro patas dobradas cara a adiante.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Estevo mártir

Altitude do punto ≈ 190 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ponteareas, a 4,8 km

No concello viven 23.206 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar