Conxunto histórico

Igrexario da Grela

San Cristovo das Viñas · A Coruña

Igrexario da Grela, conxunto histórico en A Coruña

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O igrexario da Grela é un conxunto arquitectónico construído no século XVIII situado na parroquia de San Cristovo das Viñas, no concello da Coruña. Está situado dentro do Parque Empresarial de Agrela.

Historia

A capela, baixo a advocación de Santo Antón, ten a súa orixe na fundación do Mayorazgo y Capilla de La Grela, outorgado por Antonio Pardo en 1724. O obxectivo, ademais do culto, era impartir clases á infancia da zona. O conxunto foi realizado en estilo barroco por Simón Rodríguez e Clemente Fernández Sarela entre 1754 e 1765. No século XX, co establecemento de novos colexios públicos e a falta de fondos da fundación o conxunto comezou a arruinarse. En 1991 o edificio pasou ao concello da Coruña, que o reformou segundo o proxecto da arquitecta Angelika Lorenzen Ketterling para establecer unha escola-taller. Posteriormente pasou a acoller o Centro Municipal de Empresas. A capela emprégase como salón de actos.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Conxunto arquitectónico

Dedicado a Católica

Tellado Tella

Paredes Pedra

Andares 2

Tamén chamado Igrexario de Agrela · O Pazo

Altitude do punto ≈ 49 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Meicende, a 1,5 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 2,1 km

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar