Illa
Illa Aguieira
Baredo · Baiona · Pontevedra
Foto: Miguel Lima Medín (Miguel.lima) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A illa Aguieira, comunmente A Aguieira, é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.
Xeografía
Conforma xunto coa illa Carral, a illa Polbeira e as illas Negras o arquipélago das Illas de Silleiro. Ao seren illotes rochosos, son ricos en marisco, especialmente en percebes, polo que son apreciados por parte das mariscadoras. Polo medio hai un camiñiño, que cando a marea está baixa, comunica a Illa Carral coa Aguieira. Chámase o Carreiro do Medio ou da Aguieira.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Forma parte de Illas de Silleiro
Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Baiona, a 4,1 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,5 km
No concello viven 12.366 (2025) · IGE