Cabo e punta

Península de Monterreal

Baiona · Pontevedra

Península de Monterreal, cabo e punta en Baiona

Foto: Juan Mejuto · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A península de Monterreal ou de Monteboi é un promontorio natural situado na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra.

Historia

Coñécese dende hai máis de 2.000 anos como recinto amurallado. Habitaron aquí celtas, fenicios e romanos, os cales foron moitas veces atacados. Existen tamén restos dun castro. Antigamente asentouse aquí a vila de Baiona, por privilexio outorgado polos Reis Católicos para defenderse das incursións corsarias. Outro privilexio foi o cambio de nome: de Monteboi a Monterreal; dándolle así máis importancia.

Xeografía

A península ocupa unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km. As murallas datan de entre os séculos XI e XVII. Na península hai catro praias: Cuncheira, Os Frades, Barbeira e A Ribeira.

Parador "Conde de Gondomar-Baiona"

O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o Conde de Gondomar. Despois de pasar a mans privadas o Ministerio de Información e Turismo mercou o terreo e construíu o Parador "Conde de Gondomar".

Muralla

A muralla mantén as tres torres dende as que se vixiaba a fortaleza. Na entrada está a torre do Reloxo ; ó leste érguese a torre da Tenaza e na parte oriental da fortaleza, sobre a baía de Baiona, atópase a torre do Príncipe. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, dos Soutomaior e o de Baiona). Debe o seu nome ó príncipe portugués Afonso Enriques que estivo retido nesa torre.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Península

Altitude do punto ≈ 30 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Baiona, a 485 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 540 m

No concello viven 12.366 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar