Illa
Illa Carral
Baredo · Baiona · Pontevedra
Foto: Miguel Lima Medín (Miguel.lima) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A Carral é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.
Xeografía
Nas súas augas houbo varios naufraxios como o do Cunichán (Collingham) ou o do ABC. Xa que a illa é rochosa, coma o resto das que a rodean. En tempos foi unha das illas máis aproveitadas polos percebeiros. Xunto coas illas Negras, a illa Polbeira e a illa Aguieira, forma un arquipélago diante de Silleiro. O Concello de Baiona decidiu darlle o nome desta illa a unha rúa no lugar do Loureiral (Santa María de Fóra de Baiona).
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Baiona, a 4 km
Camiño de Santiago Camiño Portugués da Costa, a 1,4 km
No concello viven 12.366 (2025) · IGE