Lago, lagoa e encoro

Lagoa da Frouxeira

Lago · Valdoviño · A Coruña

Lagoa da Frouxeira, lago, lagoa e encoro en Valdoviño

Foto: Xoanseoane · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A lagoa da Frouxeira é unha zona húmida do concello de Valdoviño. Localízase ao pé da praia da Frouxeira, na parroquia de Lago, dando orixe ao nome da parroquia. Constitúe un ecosistema de gran valor, no que habitan milleiros de aves, en especial, migratorias, que atopan na lagoa o lugar ideal para descansar e aniñar. Como Lagoa e areal de Valdoviño é considerada Zona húmida de importancia internacional pola Convención de Ramsar (Zona húmida de Importancia Internacional). Ademais foi declarada Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), é lugar de Importancia Comunitaria (LIC Costa Ártabra) e está incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia. Anualmente a Xunta de Galicia procede a abrir a canle que vai da lagoa ao océano para previr inundacións nas vivendas da zona.

Outros artigos

Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia Concello de Valdoviño

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Lagoa artificial

Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Valdoviño, a 1,1 km

No concello viven 6.805 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar