Praia

Llas

Foz · Lugo

Aínda non hai foto de Llas

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.57960|-7.26198}}

A praia de Llas é un areal do concello de Foz, en augas do mar Cantábrico. No ano 2009 e no 2010 recibiu a Bandeira Azul.

Características

Ten 760 metros de lonxitude, cunha anchura media de 30 metros. Está situada ao noroeste do núcleo urbano de Foz, sendo un areal semiurbano pouco urbanizado. Conta cunha zona dunar sobre a que discorre a estrada que a bordea. Recibe ventos do Cantábrico que provocan ondas moderadas, polo que é apta para a práctica de deportes náuticos. En verán ten servizo de socorrismo e posto da Cruz Vermella.

Historia

Antes do auxe do turismo na zona da Mariña luguesa, a comezos da década de 1970, as dunas da praia, coñecidas como Os Ceás, eran usadas como cemiterio para os animais de granxa (porcos, cabalos, vacas...) mortos por enfermidade. A falta de control veterinario provocaba que os restos fosen enterrados lonxe das casas para evitar contaxios, e escollíase lugares areosos pola facilidade para cavar. Era tal o seu aproveitamento que as dunas estaban divididas para o seu uso por distintas parroquias. Co aumento do turismo, o camposanto animal foi trasladado ao vertedoiro dunha antiga fábrica de cerámica, xa desaparecida. Porén, aínda hoxe é relativamente frecuente que aparezan restos de osamenta animal.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area branca

Lonxitude 770 m

Altitude do punto ≈ 3 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Foz, a 1,3 km

Ruta que pasa preto Camiño natural de San Rosendo, a 887 m

No concello viven 10.415 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar