Monte e serra
Monte da Guía
Teis · Vigo · Pontevedra
Foto: farrangallo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O monte da Guía é unha elevación situada no lugar da Guía, na parroquia viguesa de Teis, a carón da ría de Vigo.
Situación
Acada 128 metros de altitude. É un dos parques maiores da cidade. Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, as illas Cíes, a cara sur da península do Morrazo e a ponte de Rande. O monte da Guía está conectado co centro da cidade mediante o autobús urbano (liña 17).
Historia
Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.
Patrimonio
Está coroada por unha pequena ermida erixida na honra da Nosa Señora da Guía e do Sagrado Corazón de Xesús, obra do arquitecto Manuel Gómez Román. Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo relevancia na segunda guerra mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar. Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, entre as que ademais dos carballos, destacan os piñeiros.
Outros artigos
Parques de Vigo
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Montaña
Altitude do punto ≈ 108 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vigo, a 2,7 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,4 km
No concello viven 295.735 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Buenos Aires (Sanxurxo Badía)a 895 mRedondela (A Farola)-N-550-Rúa Areal · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas) · Caño Sifón (Verducido)-Fornelos de Montes-Redondela-Vigo-Hospital Álvaro Cunqueiro · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro · Fornelos de Montes-Redondela-Vigo E.I.
- Buenos Aires (Sanxurxo Badía)a 897 mAvda. Ernestina Otero 24-N-550-Rúa Areal · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Bouzas · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro · Caño Sifón (Verducido)-Fornelos de Montes-Redondela-Vigo-Hospital Álvaro Cunqueiro · Fornelos de Montes-Redondela-Vigo E.I.
- A-9 (acceso 2 V Buenos Aires)a 1,2 kmRedondela (A Farola)-N-550-Rúa Areal · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas) · Caño Sifón (Verducido)-Fornelos de Montes-Redondela-Vigo-Hospital Álvaro Cunqueiro · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro · Fornelos de Montes-Redondela-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.