Monte e serra
Monte da Madroa
Candeán · Vigo · Pontevedra · 336 m

Foto: Tomás Rodríguez Ontiveros · CC BY-SA 2.5 · Wikimedia Commons ↗
O monte da Madroa é un monte que se atopa no lugar da Madroa, na parroquia de Candeán, no concello de Vigo.
Patrimonio
Neste monte atópanse pegadas de asentamentos prehistóricos, como petróglifos e dolmens. Este campo megalítico conta cun gran número de túmulos, dos que o máis grande, coñecido coma A Casa dos Mouros, acada un diámetro de vinte metros e unha altura de 3,5 m; é posíbel que formaran parte dunha gran necrópole emprazada nas proximidades de Redondela. Así mesmo, existen restos dunha vella construción medieval defensiva, coñecida como A Torre.[Cómpre referencia]. Tamén sobresae o miradoiro da Madroa, duns 250 m de altitude, desde o que se poden apreciar panorámicas da totalidade da ría de Vigo, a ponte de Rande, o casco urbano e as illas Cíes. Á beira do miradoiro sitúase unha área con merendoiro cun quiosco e áreas para facer lume. Dentro da flora do parque destacan o piñeiro marítimo e acacia negra xunto coa reintrodución de especies de frondosas autóctonas (carballos, salgueiros, bidueiros, castiñeiros etc.). Ademais, tamén se encontra nel o parque forestal do Vixiador, dependente do concello de Vigo, de máis de 15 hectáreas e cunha grande diversidade de especies de flora e fauna.
Infraestruturas
Nas abas do monte da Madroa atópanse o zoolóxico de Vigo (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do Celta de Vigo. Nas últimas décadas o monte sufriu varias perforacións para construír dúas importantes infraestruturas: os túneles para a autoestrada AP-9 e, máis recentemente, o túnel das Maceiras para o paso das vías do ferrocarril do eixe atlántico de alta velocidade que dá acceso desde Redondela á nova estación de Vigo-Urzáiz.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude 336 m
Vila máis próxima A Fonte Escura, a 1,4 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 711 m
No concello viven 295.735 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Areeiro (campo de fútbol)a 312 mSan Esteban-Bouzas
- Areeiro (campo de fútbol)a 323 mSan Esteban-Bouzas
- Cemiterio novo (Candeán)a 832 mSan Esteban-Bouzas
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.