Monte e serra
Monte Enxameado
Curtis · A Coruña · 602 m
Foto: Ajuanta · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O monte Enxameado de 602 metros é o punto máis alto no concello de Curtis. Fai de fronteira e límite entre os concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado ―parroquias de Curtis, San Vicenzo de Curtis e A Ciadella― e nel nace o río Cabalar. No alto hai un vértice xeodésico e dúas antenas de telefonía móbil. Accédese pola estrada DP-3201, Curtis-Santaia.
Patrimonio
En 1980 foron localizadas dúas mámoas no monte Enxameado. Unha a 20 metros do cumio e a outra a 250 metros.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Montaña
Altitude 602 m
Vila máis próxima Teixeiro, a 3,5 km
No concello viven 4.233 (2025) · IGE
Segundo MTN25 (2020)
Chegar en bus
- O SEIXOa 1,1 kmBoimorto-O Seixo · BOIMORTO-O SEIXO
- Nabeiraa 1,1 kmA Coruña E.A.-Boimorto (concello) · A Coruña E.A.-Boimorto (concello) · CURTIS-VILASANTAR · CURTIS-VILASANTAR
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.