Monte e serra
Monte Tetón
Tebra · Tomiño · Pontevedra · 476 m
Foto: Chairego apc · CC BY 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O monte Tetón é un macizo de 476 metros de altura que se atopa entre os concellos pontevedreses de Tomiño, Tui e Gondomar, concretamente nas parroquias de Tebra (Tomiño), Malvas (Tui) e Couso (Gondomar).
Patrimonio
Contén un conxunto de gravados concentrados en dúas grandes superficies rochosas separadas uns 300 metros entre elas. O monte ten un percorrido de case 5 quilómetros en circuíto circular. Comeza polo miradoiro das Cachadas na súa parte baixa e continúa con algúns dos petróglifos máis importantes de Galicia, o das Portaxes e o Real Seco. Remata cun vértice xeodésico e outro miradoiro no seu cumio dende o que se contempla o Val Miñor, a serra do Argalo e o Baixo Miño. O conxunto dos dous petróglifos e a montaña forman o coñecido como Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón.
Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón
Atópase na parroquia tomiñesa de Tebra. A Comunidade de Montes de Tebra e o concello de Tomiño reformaron e sinalizaron este parque para crear un espazo cultural e de lecer. Acolle os petróglifos do Monte Tetón, un dos conxuntos máis importantes de arte rupestre do sur de Europa, xa que se atoparon preto de 200 gravados en rocha granítica da época da Idade do Cobre e a Idade de Bronce (entre os anos -2500 e -900). Tamén se atopa no lugar a mámoa do Outeiro da Pipa.
Flora
A maior parte da vexetación, sobre todo ao pé do monte, componse de eucalipto, pero tamén hai especies autóctonas como o carballo, o castiñeiro, o freixo e o érbedo. O cumio da montaña está composta en gran parte de queiroas. A presenza de especies autóctonas débese a unha recente e importante repoboación.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Montaña
Nome oficial monte Tetón
Altitude 476 m
Vila máis próxima Gondomar, a 6,3 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Nossa Senhora do Norte, a 984 m
No concello viven 13.814 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Tomiño (Cimadevila)a 1,0 kmTomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
- Tomiño (Cimadevila)a 1,0 kmTomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I.
- Tomiño (Cimadevila II)a 1,2 kmTomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.