Petróglifo
Petróglifos do Monte Tetón
Tomiño · Pontevedra

Os petróglifos do Monte Tetón son un conxunto de gravados rupestres situado en Tebra (Tomiño), no monte Tetón. == Descrición == Os petróglifos sitúanse no chamado Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón, acondicionado pola comunidade de montes de Tebra e o Concello de Tomiño, nun espazo onde tamén se atopa a mámoa do Outeiro da Pipa. Acolle un dos conxuntos máis importantes de arte rupestre do sur de Europa, xa que se atoparon preto de 200 gravados en rocha granítica da época da Idade do Cobre e a Idade de Bronce (entre os anos -2500 e -900). As gravuras, feitas en granito, mostran unha ampla gama de motivos abstractos e figurativos, incluíndo figuras de animais e humanas, así como figuras xeométricas concéntricas. O Grupo 1, tamén chamado petróglifo de Portaxes, confórmano unha laxe bastante fracturada de máis de 100 m², orientada ao leste sobre o val do curso baixo do río Miño. Ten unha gran concentración de combinacións circulares, coviñas, e círculos concéntricos con coviña central e liña de entrada ou saída, con aproveitamento das irregularidades da pedra para realzar o deseño. Hai varias figuras cuadrangulares asociados entre si mediante liñas, que se interpretaron como unha rudimentaria representación cartográfica. Tamén hai figuras antropomorfas esquemáticas, unha escena de monta, cérvidos, muíños naviculares e unha figura humana cunha arma. Amais, hai unha figura de dezaoito círculos concéntricos de entre 2,2 e 2,4 m de diámetro. O Grupo 2 está uns 60 m ao sur da primeira, nunha rocha con círculos e coviñas que aproveitan as irregularidades da superficie. O Grupo 3, tamén chamado petróglifo do Real Seco, é posiblemente o labirinto circular máis grande de Europa. Situado a 180 m ao oeste do 1, ao pé dunha caseta forestal, está composto por unha figura con 18 aneis concéntricos, algo deteriorados, cun diámetro máximo de 3,5 metros. . == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Aparicio Casado, Buenaventura; Peña Santos, Antonio de la (2011). Guía de petróglifos de Galicia. Cumio. === Outros artigos === Grupo Galaico de Arte Rupestre
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Tomiño (Cimadevila)a 965 mTomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
- Tomiño (Cimadevila)a 987 mTomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I.
- Tomiño (Pinzás)a 1.1 kmFornelos-O Rosal-Tomiño-Gondomar-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro-Povisa-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.