Monte e serra

Montes de Brión

Brión · Ferrol · A Coruña

Montes de Brión, monte e serra en Ferrol

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Os montes de Brión son unha chaira de monte baixo situada en Brión (Ferrol), entre a ría de Ferrol e o val de Doniños. Son 220 ha, cubertas principalmente por toxo, e de propiedade municipal. Está situado a entre 200 e 250 metros de altitude, e neles catalogáronse 39 mámoas, algunhas delas intactas. O 25 de agosto de 1800 tivo lugar a batalla de Brión, na que unha frota inglesa de 15 000 soldados enfrontouse na Chá de Brión aos defensores de Ferrol, uns 5 000 efectivos. O día 27 volveron embarcar en Doniños. Durante o franquismo o monte foi expropiado. En 2004 o monte foi cedido ao concello de Ferrol para a construción dun centro loxístico para o porto exterior de Ferrol, proxecto que non se chegou a realizar. Dende entón os veciños sosteñen un litixio pola titularidade do monte. O proxecto para achegar o tren ao porto exterior de Ferrol proxecta un túnel baixo o monte.

Topónimos

Cha de Brión Montes do Gato

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Montaña

Altitude do punto ≈ 215 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Mugardos, a 3,5 km

No concello viven 64.903 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar