Monumento

Monumento a Concepción Arenal

A Coruña · 1916

Monumento a Concepción Arenal, monumento en A Coruña

Foto: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O monumento a Concepción Arenal é un conxunto escultórico realizado polo arquitecto Rafael González Villar na memoria da socióloga Concepción Arenal. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez.

Descrición

En 1914 o concello da Coruña deulle o visto e prace á idea do presidente do Círculo de Artesáns de construír un monumento a Concepción Arenal nun dos macizos situados xunto ao estanque dos Xardíns do Recheo. No macizo simétricos situaríase outro monumento dedicado a Rosalía de Castro, que non chegou a levantarse. O arquitecto Rafael González Villar ofreceuse desinteresadamente para o seu deseño. O monumento, aínda sen finalizar, inaugurouse o 17 de setembro de 1916, estando presente o presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato. O monumento é moi innovador, xa que nese momento o costume era colocar unha estatua do homenaxeado sobre un pedestal. Foi o primeiro monumento español pensado como un conxunto arquitectónico, e non se atopa ningún outro deste estilo ata 1931. Está composto por seis pináculos, cunha escultura que representa unha aguia, un libro e unha serpe. Tamén se incluíu un medallón co retrato da homenaxeada. A escultura é unha alegoría da obra de Concepción Arenal, que loitou por mellorar as condicións nos cárceres. Neste simbolismo, así como nos ornamentos obsérvase un estilo modernista. A obra de cantería levouna a cabo o construtor José María Longueira, os elementos ornamentais de forxa Julio Wonenburger e as esculturas de bronce Joaquín López Fernández.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Concepción Arenal

Autoría Rafael González Villar

Altitude do punto ≈ 16 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 773 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 119 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar