Monumento
Monumento a Emilia Pardo Bazán
A Coruña · 1916
Foto: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O monumento á Condesa de Pardo Bazán é un conxunto escultórico feito polo artista Lorenzo Coullaut Valera por encargo do concello coruñés na memoria da escritora Emilia Pardo Bazán. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez.
Descrición
O monumento, realizado nunha pedra azul procedente de Murcia, foi inaugurado tras unha procesión cívica presidida polo alcalde Manuel Casás e o primeiro tenente de alcalde Gerardo Abad Conde o 15 de outubro de 1916. Ao acto non asistiu a homenaxeada nin o autor da escultura, que estaba traballando noutra obra. Despois de sufrir actos vandálicos, a estatua foi substituída por unha réplica de bronce en 2007, mais a escultura orixinal volveu á súa localización en novembro de 2021 durante a conmemoración do centenario do seu pasamento.
Galería de imaxes
Outros artigos
A Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Estatua
Autoría Lorenzo Coullaut Valera
Forma parte de Xardíns de Méndez Núñez
Paredes Mármore
Inaugurado 1916
Altitude do punto ≈ 14 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Coruña, a 732 m
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 117 m
No concello viven 251.277 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Cantón Pequeno (librería Arenas)a 112 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
- PRAZA DE MINAa 123 mPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
- Praza de Minaa 128 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Pazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
