Monumento
Monumento á Mariña Universal
Panxón · Nigrán · Pontevedra · 136 m · 1924
Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
O Monumento á mariña universal é un monumento adicado ós mariñeiros mortos no mar, situado no cumio da península de Monteferro, na parroquia de Panxón, no concello de Nigrán.
Descrición
Está feito de bloques de granito e mide 25 metros de altura. Asemella forma de pirámide de chanzos, truncada, de planta cadrada. Ten cheminea interior. Preto do cumio ten catro coroas de bronce. Diante, enriba da porta e da inscrición "SALVE REGINA MARIUM", unha figura da virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, co neno Xesús e sobre eles unha grande cruz de pedra. En cadansúa das outras caras mostra unha grande placa de mármore coas seguintes inscricións:
Construción
É obra do arquitecto vigués Manuel Gómez Román. Foi construído por subscrición popular en 1913 e inaugurado en 1924 por Miguel Primo de Rivera.
Galería de imaxes
Outros artigos
Templo Votivo do Mar Virxe da Rocha
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Autoría Manuel Gómez Román
Paredes Granito · Bronce · Mármore
Altura 25 m
Tamén chamado Monumento Pescadores · Mariña Universal, Monumento á
Altitude 136 m
Vila máis próxima Nigrán, a 3,4 km
Camiño de Santiago Camiño Portugués da Costa, a 1,4 km
No concello viven 18.156 (2025) · IGE