Fonte e lavadoiro

Monumento ao traballo

Vigo · Pontevedra · 76 m · 1991

Monumento ao traballo, fonte e lavadoiro en Vigo

Foto: Albert galiza · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Monumento ao traballo, tamén chamado Os redeiros ou popularmente Os forzudos é un grupo escultórico de 1991 obra do ourensán Ramón Conde que está situado no bulevar ao comezo da avenida da Gran Vía case no cruzamento coa Rúa de Urzáiz, na cidade de Vigo.

Características

Está formado por sete mariñeiros pelados e moi rexos feitos en bronce que puxan dunha rede que sae dun mar representado por un encoro con chafarices a xeito de fonte. O grupo escultórico ten unha lonxitude de 8,50 metros; 2,50 de alto e 3 de largo. A escultura fica nunha plataforma de formigón revestida de granito, e arrodéase do encoro mencionado. Esaxeráronse moito os riscos dos homes para representar a forza e o esforzo da xente do mar cunha gran musculatura. A súa elaboración comezou no ano 1987, e rematou nunha fundición madrileña en 1990.

Significado

Ramón Conde é unha das figuras máis salientábeis da arte galega do século XX, e con esta obra quixo facer unha homenaxe á forza dos traballadores do mar.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Escultura

Autoría Ramón Conde

Paredes Bronce

Tamén chamado Los Redeiros

Altitude 76 m

Vila máis próxima Vigo, a 765 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 786 m

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar