Mosteiro

Mosteiro de San Clodio de Leiro

San Clodio · Leiro · Ourense · 1225

Mosteiro de San Clodio de Leiro, mosteiro en Leiro

Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Galicia · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

San Clodio é un mosteiro medieval situado na parroquia de San Clodio, no concello de Leiro (Comarca do Ribeiro). En 1931 foi declarado Monumento Histórico Nacional.

Historia

As súas orixes posiblemente se remonten ao século VI, cara ao ano 554 (segundo recolle o padre Yepes na súa Crónica da orde de san Bieito), relacionándose cos feitos ocorridos durante a persecución ariana en tempos de Requila, concretamente o martirio e morte do abade Clodio de León e varios monxes. O resto da comunidade fuxiu e buscou refuxio no val do río Avia, onde fundaron un novo mosteiro. Aínda todo isto, á vista das fontes, resulta difícil manter a existencia dunha fundación anterior ao século X. A tradición data a súa fundación no ano 928 por parte de don Álvaro e dona Sabita como mosteiro patrimonial e dúplice, dedicándose aos santos Clodio, Lupercio e Vitoria. A mediados do século XII, 1151 ou 1158, acolleuse á orde de San Bieito a través da importante figura do abade Pelaxio, dentro da beneditinización promovida durante o reinado de Afonso VI o dominio da zona por Raimundo de Borgoña e a presidencia do bispo Dalmacio, monxe cluniacense, na Iria Flavia entre 1094 e 1095. No Capítulo Xeral de 1225 adscribiuse, a través do mosteiro de Melón, á orde cisterciense. En 1510, dentro da reforma do clero regular impulsada polos Reis Católicos, o mosteiro foi cedido á Congregación cisterciense de Castela por un abade dimisionario, confirmándose a incorporación na década de1530. Neste mosteiro escribíronse os derradeiros documentos do clero regular en lingua galega durante os Séculos Escuros, trátase dun foro e unha licenza datados en 1532. En 1779 tiña no seu poder catro freguesías e catorce coutos. Coa desamortización destinouse a cuartel da Milicia Nacional, sendo na práctica abandonado. A vida monacal recomezouse en 1891 por parte de monxes beneditinos, que o deixaron a finais do século XX. No ano 2000 a Xunta de Galicia asinou un convenio co Grupo Hotusa para a explotación como hotel de luxo durante 25 anos, prorrogables por outros 5.

Descrición

No mosteiro non fican restos anteriores ao século XVI, en que foi totalmente reconstruído, a excepción da fachada da igrexa primitiva, que é unha das únicas tres cistercienses que se conservan en Galiza (as outras son as da Armenteira e Meira), e as trabes románicas.

Igrexa

A Igrexa é unha das poucas igrexas conservadas do Císter. Construída entre 1220 a 1250, é de planta basilical, de tres naves de catro tramos cada unha e cun cruceiro que non se marca nin en planta nin en alzado, e cabeceira composta por tres ábsidas semicirculares de distintas alturas, das cales a central está máis destacada. Nun principio cubríanse as naves con cubertas de madeira a dúas augas (consérvanse as antigas vigas románicas), substituíndose coa incorporación á Congregación de Castela por bóvedas nervadas que alteraron os piares e a iluminación proveniente das ventás e rosetóns. Na actualidade o primeiro tramo recto da ábsida central cóbrese con bóvedas nervadas de crucería cuadripartita e o resto con bóvedas de canón apuntado e forno. Os arcos triunfais, igual que os forneiros e os faixóns das naves laterais, son apuntados. Os capiteis do templo e as resolucións decorativas enlázano cos mosteiros de Melón ou Oseira e outros galegos, e falan de mestres errantes. No exterior a cabeceira mantén os seus volumes, destacando a capela central. As ventás desta capela presentan arcos moldurados, e nas laterais redúcense a un simple arco liso sobre as xambas. Os beirados amosan canzorros moi sinxelos con motivos xeométricos. A fachada do século XIII presenta tres rúas separadas mediante contrafortes, e en dous corpos mediante unha sinxela imposta, e tres arquivoltas aboceladas e un arco escarzano do século XVI sobre o que pende a moldura dun antigo rosetón (hoxe transformada en ventá rectangular) e outros dous nas naves laterais, transformados en óculos sen trazaría. O conxunto remata no suroeste cunha torre rectangular dun só piso. === Os claustros ===…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Mosteiro cistercense

Dedicado a Clodio de León

Uso actual Cuartel · Mosteiro · Hotel

Quen o coida Grupo Hotusa

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 113 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Leiro, a 879 m

Camiño de Santiago Caminho da Geira e dos Arrieiros, a 1,5 km

No concello viven 1.515 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar