Museo
Museo Etnográfico Liste
Vigo · Pontevedra · 1999

O Museo Etnográfico Liste de Vigo acolle unha colección de máis de 2.000 pezas da cultura material e espiritual de Galicia, e que percorre dun xeito monográfico o patrimonio galego dos oficios artesanais, moitos deles xa desaparecidos, o traballo agrícola tradicional e abundantes exemplos da relixión e a medicina populares. Foi fundado en 1999 e declarado de interese cultural ese mesmo ano. En 2001 pasou a integrarse no Consello Galego de Museos. En xaneiro de 2012 anunciouse o seu peche, volvendo a abrir no mes de novembro do mesmo ano. == Historia == Naceu como unha colección privada de Olimpio Javier Liste Regueiro (Pontevedra 1932-2013), mestre de escola especializado na educación de persoas cegas, dedicándose durante decenios, a nivel particular, á recolleita de material etnográfico de todo tipo por todo o país, axudado pola súa dona Josefina Fernández Mosquera. Foi fundador e primeiro director do primeiro museo etnográfico de Galicia, o Museo Etnográfico Olimpio Liste de Oseira (Ourense), fundado en 1972. Desde o 2000, director do Museo Etnográfico Liste de Vigo. A influencia da súa actividade profesional manifestouse especialmente ó organizar diversas mostras e exposicións pensadas en ser comprensibles por invidentes. === O Museo === Está situado no número 22 da rúa Pastora, nun edificio propiedade do concello de Vigo, o chalé Barreras, cedido á Fundación Liste, entidade nacida o 15 de xuño de 1999 como resultado da colaboración entre o concello e o colector. O edificio corresponde a unha vivenda tradicional de mediados do século XX, cunha superficie útil de case 600 m² distribuídos en catro plantas. A colección etnográfica exponse a través de nove salas temáticas: Sala I: o cultivo do centeo a través das sucesivas fases da preparación da terra, sementeira, colleita do cereal xa maduro e a elaboración do pan centeo. Mostra arados, carros, mallos e cómpre destaca-las arcas para conserva-lo gran, algunhas escavadas en grosos troncos de castiñeiro, datadas no século XVII. Sala II: o rodado. Mostra diferentes tipoloxías da roda do típico carro galego, cuxa construción e fortaleza dependían do tipo de carro, da carga a transportar e das características do terreo por onde debía circular. Sala III: diversos materiais e útiles característicos de ata 50 oficios rurais tradicionais diferentes. Sala IV: diferentes sistemas de peche das vivendas e outras construcións anexas. Móstrase unha completa colección de chaves e tamén un torno dun convento de clausura do século XVIII, así como pechaduras e reixas. Sala V: o tear, os encaixes, os bolillos, e as fibras naturais utilizadas na confección da roupa tradicional (la, liño, algodón, seda) así como outros elementos menos usuais, como as plumas, xunto cos útiles empregados para face-lo fío e tece-la roupa (roca, sarillos, espadelas etc.). Sala VI: o traballo na madeira para a elaboración de obxectos de uso doméstico (pratos, canadas) e de trebellos e ferramentas agrícolas, como xugos, tullas, maseiras, trobos, calzado etc., cunha ampla variedade das ferramentas usadas por fragueiros, carpinteiros e zoqueiros. Sala VII: aparellos utilizados na iluminación anteriores á luz eléctrica, nos distintos ámbitos doméstico, nas cortes, no acceso ás vivendas, no traballo (candís, lámpadas de carburo e outros obxectos). Sala VIII: materiais relacionados coa fe relixiosa e a superstición: ofrendas, exvotos, libros de oracións etc., que reflicten o mundo da vida e da morte, da enfermidade e da curación. Sala IX: obxectos, receitas, herbas e materiais utilizados polos menciñeiros na medicina popular. A presentación e orientación do Museo é eminentemente didáctica, cun departamento específico dirixido a potenciar e dinamiza-los traballos etnográficos que organizan profesores e alumnos de diferentes colexios e institutos. Ten tamén unha biblioteca de consulta, especializada en antropoloxía de Galicia e dispón, así mesmo, dunha sala multiúsos na que organiza exposicións temporais. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga nº 13. 2003. === Ligazóns externas ===…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Para ir
Horario Mo-Tu,Th-Sa 10:00-14:00 · We 10:00-14:00,17:00-19:00 · Su off
Entrada De pago
Teléfono +34 682 27 33 67
Chegar en bus
- Praza As Travesasa 296 mSantiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · A Xunqueira-Vigo
- Praza de América 3a 373 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X) · Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Povisaa 730 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Gondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Maceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · A Guarda-Oia-Baiona-Nigrán-Hospital Álvaro Cunqueiro-Povisa-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.