Xacemento arqueolóxico
O Pedrón
Padrón · A Coruña

Foto: Dodro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O Pedrón de Padrón é unha ara romana dedicada a Neptuno. Pódese ler nesta ara a inscrición «NO ORI ESES D S P», que se interpreta como: (Neptu)no Orieses d(e) s(uo) p(osucrunt) "A Neptuno, os orieses, colocaron esta ara ás súas expensas". A tradición cristiá da Translatio Xacobea, recollida no Libro III do Códice Calixtino, relata que os discípulos do apóstolo Santiago amarraron no Pedrón a barca que portaba o corpo do santo. Na parte superior do Pedrón gravouse ademais unha cruz, seguindo o costume de cristianizar o pagán. A ara custódiase baixo o altar maior da igrexa de Santiago de Padrón. O propio nome da vila de Padrón deriva etimoloxicamente de "pedrón".
Inscrición
No Pedrón pódese ler unha inscrición que foi alterada no século XVI engadíndolle unha cruz e mudando o nome da divindade romana por "patrono". Interprétase a inscrición «NO ORI ESES D S P» como: "A Neptuno, os orieses, puxeron ás súas expensas este altar". Trátase dunha ara votiva en granito dedicada ó deus romano dos mares e de tódalas augas.
Simboloxía
O carácter do Pedrón como símbolo permanece inalterable ó longo dos séculos ata os nosos días, custódiase baixo o altar maior da Igrexa de Santiago de Padrón. O mesmo nome de Padrón deriva etimoloxicamente de Pedrón e no escudo da vila aparece representada esta ara. Este altar dedicado ó deus romano Neptuno é segundo a tradición cristiá o lugar onde os discípulos do Apóstolo amarraron a barca logo da longa viaxe, como se relata no Codex Calixtinus. Entréganse en Padrón os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra ás persoas ou entidades que defenden ou promoven a cultura galega, outorgados pola Fundación Pedrón de Ouro dende 1964. Tamén naceu a Agrupación Folclórica Cultural O Pedrón no ano 1991 en Padrón, coa finalidade de recoller, estudar, ensinar e divulgar a cultura folclórica de Galicia. Hai unha réplica do Pedrón na localidade francesa de Noirmoutier-en-l'Île, agasallo da vila irmá de Padrón.
Galería de imaxes
Outros artigos
Altar
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Romana
Que é Miliario
Altitude do punto ≈ 9 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Padrón, a 116 m
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 30 m
No concello viven 8.324 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Padrón (xardín botánico)a 211 mSinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Freixeiro-Herbón-Padrón E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Freixeiro-Herbón-Padrón E.A. · Herbón-Padrón E.A. · Herbón-Padrón E.A.
- Padrón (institutos)a 271 mSantiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Morono-Padrón E.A. · Morono-Padrón E.A.
- Padrón Praza de Abastosa 275 mPino Do Val - Padrón E.A. · Noia E.A. - Padrón E.A. · Noia E.A. - Padrón E.A. · Pino Do Val - Padrón E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.