Monumento

O Sereo

Vigo · Pontevedra · 30 m · 1991

O Sereo, monumento en Vigo

Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Sereo (aludida en ocasións co castelanismo O Sireno) é unha escultura realizada polo escultor cambadés Francisco Leiro que se atopa no centro da Porta do Sol, no centro da cidade de Vigo, fronte ao Edificio Simeón. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe.

Descrición

Ergueuse no ano 1991, xunto con moitas outras esculturas da cidade, coma Os cabalos da Praza de España, a Porta do Atlántico nas Travesas (Praza de América), O rapto de Europa en Samil ou o Monumento ao traballo na Gran Vía. É xa unha icona da cidade, porén unha das obras máis polémicas que divide en opinións a cidadanía de Vigo.[Cómpre referencia] A figura antropomorfa, o Sereo en si, está realizado en aceiro inoxidable e representa un personaxe imaxinario híbrido entre peixe e home. Non ten brazos, mais si pernas e pés, unha gran testa cun gran nariz e escamas polo corpo. Aséntase sobor dúas columnas de granito negro puído de 11 metros de altura. O Sereo vixía a cidade e olla o porto e o mar de Vigo a través da rúa Carral.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Escultura

Autoría Francisco Leiro

Paredes Aceiro · Granito

Altura 13 m

Altitude 30 m

Vila máis próxima Vigo, a 19 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,6 km

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar