Fonte e lavadoiro

Os cabalos

Vigo · Pontevedra · 101 m · 1991

Os cabalos, fonte e lavadoiro en Vigo

Foto: Dantadd · CC BY 2.5 · Wikimedia Commons ↗

Non confundir coa Fonte dos Cabalos das Pratarías en Santiago de Compostela. Os cabalos é un monumento de bronce de Juan Oliveira Viéitez ergueito en 1991 e situado na cidade de Vigo. Atópase no medio e medio da glorieta da Praza de España, onde antes houbo unha fonte circular con chafarices alumeados con diferentes cores, e anteriormente, para o mesmo deseño da glorieta, erguíase o pétreo Monumento aos heroes da Reconquista, obra do escultor Julio González Pola, que hoxe preside a peonil Praza da Independencia da mesma cidade.

Descrición

O grupo escultórico feito en bronce negro forma unha especie de espiral metálica ascendente que acada os 18 metros de altura, pola que ruben cinco grandes cabalos, o superior apoiado nas dúas patas traseiras no cumio da escultura. Pola espiral baixa unha fervenza de auga que cae nun encoro de 10 metros de diámetro e forma a fonte; arrodéase cun sinxelo xardín formado por céspede e unhas sebes que agochan os focos que alumean a fonte á noite. O conxunto pesa 40 toneladas e sitúase sobre un paso inferior para o tránsito rodado da Gran Vía, polo que houbo que reforzar moito o forxado para que o chan ature o peso. O sentido da escultura é unha homenaxe ás bestas bravas que poboan os montes de Vigo (como as que moraban no achegado Monte do Castro).

Galería de imaxes

Outros artigos

O rapto de Europa (Oliveira)

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Escultura

Autoría Juan Oliveira · Juan José Oliveira Viéitez

Paredes Bronce

Altura 18 m

Altitude 101 m

Vila máis próxima Vigo, a 1 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 624 m

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar