Teatro
Palacio da Ópera da Coruña
A Coruña
Foto: Marcus · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O Palacio da Ópera da Coruña é un edificio situado na Glorieta de América da cidade herculina, situado xunto ao parque de Santa Margarida. É a sede da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Instalacións
O Auditorio principal dispón de asentos para 1.805 persoas. No mesmo recinto, o Palacio da Ópera alberga unha Sala de Cámara, unha Sala de Relatorios, unha Sala VIP e unha área de exposición.
Historia
Os terreos da canteira de Santa Margarida foron declarados urbanizábeis no plan xeral de 1985 e en 1988 foron adxudicadas as obras a Ginés e Machado por 1789 millóns de pesetas. As obras foron paralizadas o 8 de marzo do ano seguinte por unha denuncia da Asociación de Veciños sobre o volume do edificio. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia levantou a paralización en xullo e volveuna a aplicar en outubro. O edificio, obra do Taller de Arquitectura y Urbanismo foi inaugurado o 2 de decembro de 1989 como Palacio de Congresos-Auditorio. O día seguinte celebrouse o III Congreso Nacional de Economía. En 1999 sufriu unha remodelación e reinaugurouse como Palacio de Congresos e da Ópera. Coa construción do novo centro de congresos e exposicións no Porto, PALEXCO, denominouse Palacio da Ópera.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Andares 4
Altitude do punto ≈ 42 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Coruña, a 1,5 km
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 482 m
No concello viven 251.277 (2025) · IGE
Segundo (2025)
Para ir
Enderezo Rúa Uruguay 2A, 15004, A Coruña
Chegar en bus
- Rúa Juan Flórez 10 (praza Pontevedra)a 430 mCORUÑA E.A.-ARTEIXO · Coruña E.A.-Meicende-Polígono de Sabón-Carballo E.A. · Coruña E.A.-Porto de Suevos · CORUÑA E.A.-RAÑOBRE-BOEDO · CORUÑA E.A.-BOEDO · Coruña E.A.-Castrillon
- Ronda De Nellea 457 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Ferrol E.A.-Campus de Riazor · O Burgo (área de servizo)-Orillamar 96 (xeriátrico)
- Rúa Juan Flórez (CEIP Labaca)a 476 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
