Teatro

Pazo da Cultura de Carballo

Carballo · A Coruña · 2002

Pazo da Cultura de Carballo, teatro en Carballo

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo da Cultura é un centro de representación escénica situado na Rúa do Pan, na localidade coruñesa de Carballo, ao carón dunha das maiores zonas verdes do núcleo urbano. O seu auditorio ten capacidade para 338 espectadores e cada ano acolle as principais representacións do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), así como concertos e espectáculos de danza. O edificio construíuse no ano 2002 obra do arquitecto Luis Collarte Rodríguez e ten diversas salas de distintas capacidades para axeitarse aos diferentes usos: auditorio (338 espectadores), sala (150 espectadores), sala de exposición, sala de lectura, sala de TV, cafetería e locais de ensaio. O Pazo da Cultura é tamén a sede do Conservatorio Profesional de Música de Carballo e da Escola Oficial de Idiomas de Carballo (unha delegación da EOI da Coruña).

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Autoría Luis Collarte Rodríguez

Altitude do punto ≈ 103 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Carballo, a 568 m

No concello viven 32.095 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar