Ponte histórica

Ponte Lubiáns

Carballo · A Coruña

Ponte Lubiáns, ponte histórica en Carballo

Foto: Jose.cfr · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A ponte Lubiáns está situada sobre o río Rosende, entre as parroquia de Oca (concello de Coristanco) e a de Carballo (concello de Carballo).

Características

Tamén coñecida como Ponte Vella, é de orixe romana (un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro, lembra a súa orixe), mais foi reformada na Idade Media. Está formada por catro arcos asimétricos e atravesada por un tallamar triangular na parte central. Ten unha lonxitude de 40 metros, con 2,60 m de ancho, e unha altura máxima de 5,40 m. É un resto conservado da antiga vía romana per loca marítima que, vindo de Grandimirum (Brandomil, no concello de Zas) atravesaba a parroquia de San Martiño de Oca para continuar polo concello de Carballo ata Brigantium, hoxe cidade da Coruña. Aparece xunto coa Torre de Nogueira no escudo do concello de Coristanco.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Ponte

Altitude do punto ≈ 99 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Carballo, a 2,5 km

No concello viven 32.095 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar