Pazo

Pazo da Mota

A Estrada · Pontevedra

O Pazo da Mota é unha casa señorial galega situado no lugar da Mota na parroquia de Riobó, no concello da Estrada. == Historia == O morgado do pazo da Mota foi fundado por Xoán Otero (1716-1799). O seu bisneto, o maxistrado Manuel Otero Maquieira, vendeu case toda a súa herdanza en 1852 a Ramón María Otero Estévez, que casara coa viúva do seu irmán Eduardo. Ramón e a súa esposa Ramona Arén, sen fillos, nomearon como herdeiros aos fillos ilexítimos de Pío Otero, Gumersindo e Blandina Concepción. == O edificio == É un edificio de planta en "L", construído por planta baixa e piso. O portal de entrada ten un van alintelado recercado de moldura plana rematada con espadana. As fiestras son rectangulares recercadas de moldura. Ten galería e solaina. Conta cun celeiro integrado na casa e unha adega con bóveda de pedra. == Construcións anexas == Ten un hórreo de 10 claros e fonte sobre a que sobresae o escudo de armas da familia Guntín Taboada. Pola fachada principal accédese á capela na que hai un cruceiro presidindo a entrada. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Bértolo Ballesteros, José Manuel (2012). "Pazo da Mota" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (15): 283–306. === Outros artigos === Pazos de Galicia === Ligazóns externas === Pazo da Mota

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar