Ponte histórica
Ponte de Sarandón
Vedra · A Coruña · 1929
.jpg?width=640)
A ponte de Sarandón é unha ponte que salva o río Ulla e une as parroquias de San Miguel de Sarandón (Vedra) e Ribeira (A Estrada) e ó mesmo tempo as provincias da Coruña e Pontevedra. Sobre ela pasa a estrada PO-7021 e o camiño Miñoto Ribeiro. Calcúlase que se levantou no século XII e sufriu varias inundacións que a destruíron case na súa totalidade. Estivo tempo sen repararse e en 1929 terminouse de construír unha nova sobre os vellos piares. == Historia == Crese que no ano 1180 (século XII) existía unha ponte que contaba con seis arcos e unha capela dedicada a San Miguel. Dúas inundacións danaron considerablemente a ponte. A primeira no 1571 desfíxoa cando menos parcialmente e a segunda, no ano 1708 apenas deixou rastro dos cimentos. Esta subida do río tamén afectou varios quilómetros arriba á ponte da parroquia de Ponte Ulla. Durante anos empregáronse barcas para trasladar persoas e mercadorías polo río. Estas barcazas eran arrendadas por períodos de catro e seis anos e deron lugar ao nome de «barca de Sarandón». Finalmente no ano 1835 reconstruíuse a ponte de Ponte Ulla pero a de Sarandón tardaría case un século en levantarse de novo. No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz publicado en 1849 menciónase o nome da barca de Sarandón: Non sería ata o 20 de outubro do ano 1913 cando se deixou constancia no pleno municipal do concello da Estrada a necesidade de mellorar a comunicación entre ambas provincias. Esta situación repetiuse nos plenos de 1915 e en 1917 acórdase «solicitar del Sr. Gobernador Civil la correspondiente declaración de utilidad pública, previa instrucción del expediente». O 22 de marzo de 1918 aprobase finalmente no pleno o proxecto para a reconstrución e en 1921 o enxeñeiro Manuel Espárrago Fernández realiza un informe onde explicaba a situación da ponte e a súa orixe romana. Aclaraba ademais que se destruíra parcialmente durante o enfrontamento de Pedro Madruga e o arcebispo de Santiago no contexto das guerras irmandiñas e que a principios do século XIX xa se atopaba derruído. No informe especifícase que «construirase sobre as pías que se conservan unha ponte nova de 8 tramos, de 10,80 metros cada un, de formigón armado, acadando unha lonxitude total de 96 metros». Faríase ademais un firme novo de canto rodado machucado e conectaríanse os camiños de ambos lados do río. O custo total das obras ascendían a 106.208,84 pesetas financiado o 54% o Estado e o resto o concello da Estrada. Estableceuse un prazo inicial de dous anos pero que non se cumpriu e a obra non se levou a cabo ata finais de 1926 tras varias queixas da Deputación Provincial. As obras iniciáronse pero alargáronse ata 1929 con cambios no proxecto inicial. Algúns veciños chamaron a atención aos enxeñeiros que a ponte era demasiado baixa xa que en épocas de choivas o río medraba ata a altura da plataforma. A pesar disto continuouse e cando se inaugurou houbo unha inundación aínda que non ocasionou danos. Tal era a subida do río que unha persoa podía alcanzar a auga dende a ponte a punta dun paraugas. == Notas == == Véxase tamén ==
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Ponte Sarandón (cruzamento ponte)a 103 mCPI de Vedra-Ponte Sarandón (cruzamento ponte) · CPI de Vedra-Ponte Sarandón (cruzamento ponte)
- Chaosa 358 mSantiago E.I.-Trobe
- A Rectaa 405 mAvda. Santiago 12-Beitos · Avda. Santiago 12-Beitos
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.