Pazo
Pazo de Aballe
Santa María de Salceda · Salceda de Caselas · Pontevedra
Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O pazo de Aballe é unha construción civil situada no lugar da Feira, na parroquia de Santa María de Salceda (concello de Salceda de Caselas). A propiedade inclúe unha leira de catro hectáreas.
Historia e características
A familia Aballe (ou Avalle) ten como casa soar a fortaleza de San Paio de Fiolledo, e chegou a ter propiedades en Ponteareas, Fornelos de Montes e Cambados. O pazo é de traza maioritariamente barroca, se ben conserva elementos de diferentes etapas. Conserva unha inscrición no frontón situado sobre o portón coa data 1787. Malia estar en estado de abandono durante certo tempo, foi restaurado na década de 1980. Ten dúas alturas, con planta en forma de U. Na fachada principal ten unha escalinata central con balaustrada, que continúa nunha solaina con cinco arcos de medio punto e balaustrada. O tellado, a catro augas, ten gárgolas decorativas. No van situado sobre o portalón de acceso, hai un escudo en pedra en forma de corazón.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 83 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Esfarrapada, a 1,8 km
No concello viven 9.399 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A FEIRAa 170 mIES Pedras Rubias-A Fonte da Pedra (O Cruceiro) · IES Pedras Rubias-A Fonte da Pedra (O Cruceiro) · CEP Altamira-Ataúde · CEP Altamira-Ataúde
- A Fonte da Pedra (O Cruceiro)a 327 mIES Pedras Rubias-A Fonte da Pedra (O Cruceiro) · IES Pedras Rubias-A Fonte da Pedra (O Cruceiro) · Rúa Ourense-A Venda Nova · Rúa Ourense-A Venda Nova · CEP Altamira-Ataúde · CEP Altamira-Ataúde
- O Barreiroa 361 mIES Pedras Rubias-Ataúde · IES Pedras Rubias-Ataúde · Rúa Ourense-A Venda Nova · Rúa Ourense-A Venda Nova · CEP Altamira-Ataúde · CEP Altamira-Ataúde
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.