Pazo
Pazo de Fillaboa
Salvaterra de Miño · Pontevedra
O Pazo de Fillaboa é unha casa señorial que se atopa no lugar da Quinta de Fillaboa, nas parroquias de Arantei e Cabreira, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño (Comarca do Condado). A orixe data do século XVI, aínda que sufriu importantes reformas no século XVIII, que lle dan o aspecto actual. Os romanos introduciron a cultura do viño na comarca, e a quinta sempre tivo videiras. Hoxe en día o pazo converteuse nunha adega para produción vitivinícola. A quinta é a leira maior do catastro da provincia. == Descrición == O estado de conservación do pazo ou casa grande é bo, malia ter sido moi modificado. Consérvanse da primitiva construción do século XVI os muros de pedra, a escalinata, as balaustradas, a capela, o gran canastro e mailo pombal. Con planta en forma de L e construído nun noiro, aproveitando o desnivel, en fábrica de cachotaría de granito, ten planta terrea por un dos lados e adega e sollado polo outro, ao que se accede cunha escaleira pétrea que remata nunha solaina moi modificada con balaústres de granito sobre arcos de volta perfecta. Nun dos extremos a torre, sinxela de planta cadrada, rematada en ameas e cun escudo, desprazado da localización orixinal; este amosa un campo acuartelado en cruz coas armas dos Sarmiento e dos Soutomaior. A quinta está pechada por un valado de pedra de 1600 metros. == Historia == Hai uns dous mil anos os romanos trouxeron a cultura da vide ao Condado, plantando tamén videiras na Fillaboa. A historia do pazo comeza durante a Guerra de Restauración Portuguesa no século XVII (1640); daquela Salvaterra pasa a pertencer a Coroa de Portugal, así que o Marqués de Tavara, gobernador de Galicia, levanta un forte (hoxe desaparecido) no lugar no que se atopa a casa, para controlar o camiño cara Tui (camiño no que se atopa a ponte de Fillaboa). Rematados os acontecemento bélicos que motivaran a súa existencia, A Fillaboa coñeceu días máis tranquilos transformándose o forte en quinta de descanso. No século XVIII realízanse numerosas reformas, sendo o dono do pazo (Granxa de Fillaboa) o Conde de Salvaterra (liñaxe da Casa de Alba) e Marqués de Sobroso. No século XIX, tras varias xeracións, a quinta da Fillaboa mailo Castelo de Sobroso, pasan a casa á duquesa de Híjar, viúva, que vende ambas as dúas propiedades no ano 1884 ao vigués Manuel Bárcena Franco, I conde de Torrecedeira. Bárcena comezou a cultivar viñedos e a producir o Viño do Condado Fillaboa, que logo exportou a países coma Cuba, Arxentina e Francia xa polo ano 1900. Tamén reformou a casa ao estilo colonial. A casa vendeuse en 1955 ao tamén vigués Alejandro Barreras Barret, enxeñeiro naval. Nesta época o pazo sufriu un incendio do que se salvaron a capela, o pombal e as adegas; tralo lume Barreras modificou moito o edificio para transformalo nunha casa de campo cos gusto da época. Hoxe en día o pazo pertence a unha adega do grupo asturiano Masaveu, que devolveu ao edificio parte do seu antigo aspecto palaciano. Posúen 70 hectáreas de viñedos, principalmente de uva albariña, tamén celebran eventos. === A lenda === Unha lenda local, moi semellante ao conto da Cincenta narra que o conde de Salvaterra tiña tres fillas, as máis vellas menosprezaban a cativa, chea de virtudes, que lles causaban envexa e que a fixeron merecedora de recibir en herdanza as "terras fartas de Fillaboa", orixe do topónimo. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Ponte de Fillaboa === Ligazóns externas === Web da Adega do pazo (en galego)
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Rañada (núcleo)a 1.0 kmA Devesa (Salceda)-Rúa Ourense · Nieves (pavillón)-Vigo E.I. · Salvaterra-Vigo E.I. · Salvaterra-Avda. de Galicia · Nieves (pavillón)-Hospital Álvaro Cunqueiro (Alxan-Salceda-Cabral) · Nieves (pavillón)-Hospital Álvaro Cunqueiro (Alxán-Salceda)
- A Rañada (marquesiña estrada de Cristiñade)a 1.1 kmCEP Carlos Casares-A Aldea · CEP Carlos Casares-A Aldea
- A Rañadaa 1.1 kmIES De Salvaterra De Miño-Teleclub · IES De Salvaterra De Miño-Teleclub
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.